viernes, 23 de enero de 2015

Resultados Xornada nº 13


Fisioterapia cinesia Noia- Cv Liceo

Infantil feminino: 0-3 (20-25/7-25/8-25)

Nova derrota das nosas fronte o claro vencedor desta liga galega infantil, as do liceo sen un set en contra polo momento. Dende un moi forte saque as nosas non  eran capaces de formar un contraataque contundente, tan só no primeiro set demostraron que elas poden enfrontarse ao primeiro equipo chegando aos 20 puntos.


Fisioterapia cinesia Noia- Cv Zalaeta 

Xuvenil feminina: 0-3 (12-25/12-25/9-25)

Unha derrota máis das nosas fronte o primeiro clasificado, pouca historia tivo o partido, pois as visitantes cun saque e ataque contundentes imposibilitaba o xogo das nosas, ainda que o marcador non o reflexe as nosas non deron tan mala imaxe como pode parecer.


Fisioterapia cinesia Noia-  Xiriavolei 

Senior masculino: 3-1 ( 25-20/25-20/20-25/25-16)

Primeira vitoria da segunda volta dos nosos, partido cómodo no que os nosos estiveron cómodos en defensa posibilitaba un forte ataque que non tería resposta, tan só os nosos viñéronxe abaixo no terceiro set ao relaxarse por levar os dous primeiros sets, isto non pasou no cuarto set, no que entraron aínda máis enchufados ao partido que anteriormente pechando o encontro por 25-16.

No hay comentarios: