jueves, 15 de enero de 2015

Resultados Xornada nº 12


XAV Cambados- Fisioterapia Cinesia Noia

Infantil feminino: 3-0 ( 25-17/25-12/25-16)

Primeira derrota do ano das nosas infantís como visitantes ante un dos primeiros equipos da táboa, as infantís chegaban con ansia ao pavillon de Cambados mais o forte bloqueo local e o saque que ía facer dano imposibilitaron  a vitoria das nosas. Este sábado as nosas enfrontaranse ao Cv Liceo, primeiro clasificado sen un solo set perdido.

Cv Santiago- Fisioterapia Cinesia Noia

Xuvenil Feminino: 3-1 (25-22/23-25/25-23/25-23)


Durísima primeira derrota do ano das nosas xuvenís ante o seu rival directo o Cv Santiago. O partido foi moi intenso. A vitoria podería caer para calquera dos dous equipos, todos os sets decidíronse nos puntos finais, en todos foron moi igualados pero os nervios aos que as nosas nos teñen acostumados ao final de cada set xogáronlles de novo unha moi mala pasada cedendo por 3-1 no encontro.  Esta semana enfrontaranse ao Zalaeta, primeiro clasificado tan só con un encontro en contra.

No hay comentarios: