miércoles, 7 de enero de 2015

Resultados xornada nº 11


Zalaeta- Fisioterapia cinesia Noia 


Infantil feminino: 1-3 (25-16/17-25/14-25/15-25)

Victoria para pechar o ano das mais pequenas da liga galega, as intantís chegaban a coruña nerviosas polo que por pequenos erros e acertos das locais cederon o primeiro set. Cousa que non pasou nos seguintes, que as nosas dende un potente saque reducían as coruñesas imposibilitando o seu xogo. Así as infantís pechan a primeira volta na 6ª posición.








Jealsa Boiro Voleibol- Fisioterapia cinesia Noia

Xuvenil feminino: 3-0 (25-13/25-21/25-18)

Nova derrota das nosas para pechar o ano, a relaxación e o desorden no campo pasou factura neste encontro. As boirenses cun acertado saque e organizadas en bloqueo non permitían que as nosas se acercaran a elas no marcador. Non foi así no segundo e no terceiro set, que as nosas conseguían ir por enriba no marcador, ata que na metade dos sets volvían a baixar a cabeza permitindo que as locais levaran o encontro.  As nosas ocupan no final da primeira volta  a 9ª posición.






Redesyl Boiro Voleibol- Fisioterapia cinesia Noia

Senior Masculino: 3-2 (25-27/18-25/17-25/21-25/15-10)


Primeiro partido do ano, último da primeira volta e primeira derrota para o noso equipo masculino nesta segunda división. Os noieses chegaban a Noia coa baixa do central Alex Gonzalez e posteriormente durante o partido uniríase a do receptor Marcos Figueira no terceiro set. Comezaban os dous primeiros sets axustados, sobre todo o segundo dominado de principio a fin polos noieses, pero no terceiro set, a baixa de Marcos e un desafortunado cambio dende o banquillo fixo que os locais levaran o terceiro parcial, no cuarto os noieses non levantaron cabeza, os locais conseguiron unha importante vantaxe ao inicio e foi casi imposible remontar o set por moito esforzo visitante. Finalmente o quinto foi unha copia do cuarto, os locais comezaban con forza e os visitantes tentaron levar os dous puntos do encontro pero foi imposible. Os nosos seguen colocados primeiros na táboa con cinco puntos mais que o segundo clasificado.

No hay comentarios: