miércoles, 17 de diciembre de 2014

Resultados 10ª Xornada


Fisioterapia Cinesia Noia- As mariñas de Oleiros

Infantil feminino: 2-3 (25-20/25-13/21-25/22-25/13-15)

Unha derrota máis das nosas por 2-3, está máis que claro, que as pequenas non se lles dan ben os quintos sets, fruto dos nervios e a inexperiencia caeron por 13-15 no último set. As noiesas comezaron fortes vencendo os dous primeiros sets fortes en saque e ataque, pero ao verse por enriba no marcador a relaxación pasou factura e as visitantes aproveitáronse levándose os dous seguintes sets con finais de set moi axustados, e para rematar unha semana máis comezaron o quinto set perdendo e foi casi imposible a remontada e para cando reaccionaron as do Oleiros xa anotaban o 13-15 no marcador.


Fisioterapia Cinesia Noia- EMEVE Lugo

Infantil feminino: 3-1 (16-25/25-13/25-17/25-8)

Por fin a ansiada vitoria das infantís no partido xogado o venres contra o EMEVE de Lugo, esta vez as nosas comezaron moi pausadas, con numerosos erros, isto fixo que as visitantes se levaran o primeiro set. Non foi así nos tres restantes que as nosas dende o saque e con forza en ataque levaban os tres seguintes sets e por consecuencia o partido con parciais aplastante, sobre todo no terceiro set por 25-8.




Fisioterapia Cinesia Noia- Ies de Ames

Xuvenil feminino; 0-3 (21-25/17-25/17-25)

As nosas xuvenís non levantan cabeza, nova derrota ante un dos rivais directos para non quedar na parte baixa da táboa, pero as numerosas baixas das nosas e a boa actitude  ofensiva por parte de unha das xogadoras visitantes  facían imposible que as nosas puideran poñerse por diante no marcador, tan só no primeiro set foron quenes de achegarselles pero non se mantiveron estables e os erros fixeron que as do Ames se levaran o set. O terceiro e o cuarto set foron unha copia, os erros locais facian que as visitantes acadaran unha notable vantaxe para finalmente levarse o partido. Neste momento as xuvenís están na sétima posición a falta do partido contra o Boiro Voleibol colocado na parte alta da táboa.

No hay comentarios: