miércoles, 26 de noviembre de 2014

Resultados 7ª Xornada

Dúas son as vitorias que nos deixa a sétima xornada de liga na visita dos equipos de EMEVE a Noia:

Senior masculino: 3-0 (25-6/25-0/25-0)

 Pouco podemos dicir deste encontro, chegando a metade do primeiro set un dos xogadores do EMEVE de Lugo sufriu unha lesión que obrigou aos lucenses a abandoar o partido pois chegaban a Noia con soamente seis xogadores, Isto afianza o liderato do Noia, facendose así campións de inverno a falta de dous partidos.


Xuvenil feminino: 3-2 (23-25/24-26/25-22/25-22/17-15)

Partido de dúas horas de infarto o que nos deron as nosas xuvenís, comezaron nerviosas sabendo que se enfrontaban ao equipo que acostuma ser o campión galego ano tras ano aínda que con máis de unha baixa, o nerviosismo das nosas víase ao final dos dous primeiros sets, no segundo non aproveitaron a vantaxe de 24-21 a favor e caeron finalmente 24-26. Non foi asi nos dous seguintes sets nos que as nosas xuvenís atinadísimas en recepción e ataque foron por díante en todo momento, cabe destacar a gran actuación de Laura Teira en bloqueo, un muro no que as lucenses chocaban e lles era imposible atacar, foi asi como as locais leváronse os dous sets por 25-22. Finalmente no quinto set podíanse ver os nervios en ambos equipos, as noiesas non querían ceder os dous puntos tras unha tremenda remontada ante o EMEVE pero unha racha de saques dunha das xogadoras visitantes poñía o 11-14,  tras o erro de saque de ésta no punto decisivo, foi totalmente necesaria a actuación da nosa xogadora Tania Castro, que dende o banquillo entrou ao servizo e foi quen de poñer o 15-15 no marcador aumentando as esperanzas das locais de gañar o encontro,  un erro de ataque lucense puxo o 16-15 no marcador e finalmente foi a oposta noiesa Elena que conseguiu co seu saque o último punto do quinto set e asimesmo a vitoria do encontro. Esta vitoria coloca ao noso equipo xuvenil feminino en sétima posición. Polo Noia xogaron: Mariña, Laura, Irene, Alexandra, Elena, Rita e a líbero Andrea, tamén xogaron Tania, Paula Blanco, Paula Mourís, Natalia e Alba.

No hay comentarios: