martes, 18 de noviembre de 2014

Resultados 6ª Xornada

Pleno de victorias nesta 6ª xonrnada de liga na que os nosos equipos visitaron aos equipos de Dompa (xuvenil feminino) e volei Dumbría (infantil feminino e senior masculino).

Infantil feminino: 0-3 (12-25/9-25/19-25)

Nova vitoria das infantís nun partido dirixido polas nosas de principio a fin. As noiesas acertadas en saque non permitían o ataque das de Dumbría, esta vitoria mantén as pequenas en cuarta posición nesta liga galega soamente por debaixo dos tres equipos cos que perderon anteriormente. As infantís enfrontaranse a semana que ven ao EMEVE de Lugo, esperase un partido igualado xa que decidirase a posición na parte alta da tabla.








Xuvenil feminino: 0-3 (11-25/20-25/17-25)


recepción da líbero xuvenil Andrea
Clara vitoria das xuvenís en terras ourensás nun partido no que as noiesas ofreceron o seu mellor xogo, moi atinadas en saque e ataque. O bo saque noiés imposibilitaba as de Dompa realizar ataques que fixeran dano a defensa das visitantes, facilitando así o ataque das nosas. Desta maneira as xuvenís acadan a sua segunda vitoria e colócanse na sétima posicíon.





Senior Masculino: 1-3 (25-22/17-25/16-25/13-25)

equipo senior masculino 14/15
Vitoria importante nun dos partidos clave desta tempada 14/15 no pavillón de Dumbría por 1-3, o partido comezaba moi igualado, cunha gran cantidade de erros en ataque por parte dos noieses, erros que fixeron que o equipo local  anotara o primeiro set do partido, pero nos seguintes sets os noieses máis atinados en ataque e con menor cantidade de erros mantiñan as distancias ante un equipo local que podía ver como o partido se lles ía das mans. Así pois, o noso equipo senior acada polo momento a primeira plaza sen ningún partido perdido e con soamente dous sets en contra.

No hay comentarios: