martes, 28 de octubre de 2014

Resultados 3º xornada

Unha vitoria e unha derrota é o balance deste fin de semana no que se xogou contra Voleyourense no pavillón Alonso Rodríguez.

momento do partido infantil
Infantil feminino: As nosas infantís estrean o casilleiro de vitorias nesta terceira xornada de liga galega. As de Libo venceron ao Voleyourense por 3-1 demostrando o seu bo xogo especialmente dende os nove metros. As nosas comezaron o partido perdendo o primeiro set por 23-25 debido a erros non forzados, mais as pequenas non querían  deixar escapar a oportunidade de obter a súa primeira vitoria e con unha gran capacidade defensiva e o bo saque as noiesas fixeron que os seguintes sets caeran do lado local. Parciais : 23-25/ 25-22/ 25-15/ 25-20.

Xuvenil feminino: Segunda derrota das de Quique por 0-3, un encontro que non tivo nada que ver co da semana anterior contra o Zalaeta por parecido que fora o resultado, as locais, con ganas de demostrar que elas poden con todo e máis comezaron o partido cunha gran capacidade ofensiva que pouco a pouco foi en decadencia debido ao bo saque ourensán, Xa no segundo set as noiesas mais ordeadas en recepción conseguiron plantar cara ao Voleyourense chegando ao 18-18, pero o erro de saques e posteriores recepcións fixeron que o equipo caera 20-25 no segundo set. O terceiro foi unha copia do primeiro, unha vez máis, a recepción e a defensa local eran o problema para poder ofrecer un bo ataque, acabando o set 15-25. Parciais: 11-25/ 20-25/ 15-25.

No hay comentarios: