miércoles, 29 de abril de 2015

2º Mercadillo

Se non puidestedes estar no primeiro mercadillo no noso clube, non vos preocupedes, xa chega o segundo mercadillo, ainda con mais ofertas, novas equipacions e demais cousas que poden ser un gran recordo, non faltedes!!!

jueves, 26 de marzo de 2015

resultados xornada 21

As mariñas Oleiros- Fisioterapia Cinesia Noia

Infantil feminino: 3-0(25-17/27-25/25-16)

Dura derrota a sufrida polas nosas pequenas ante as súas rivais directas, agora achéganse máis aos postos de descenso estando na oitava posición empatadas en puntos coas novenas. Enfrotaranse na última semana ante o décimo clasificado, partido que será totalmente necesario gañar.

O encontro contra Oleiros inclinouse cara o lado local debido a mala recepción do noso equipo, numerosos puntos de saque caeron en lado visitante, alonxándose así as de Oleiros no marcador, si que houbo no segundo set un cambio da actitude das noiesas, chegando así a un final de marcador moi axustado que marchou para o lado local. Xa no terceiro set, tras a derrota tan axustada do set anterior as nosas baixaron a cabeza e volveron ao ritmo do primeiro set, perdendo así o encontro por 3-0



O encontro das xuvenís contra o Ames foi detido no 0-1 a favor das noiesas por indisposición arbitral, polo tanto o encontro disputarase novamente o domingo.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Resultados xornada 20


CV Ribeira Sacra- Fisioterapia Cinesia Noia

Infantil feminino: 3-2 (20-25/25-17/20-25/25-21/15-6)

Unha vez mais, como xa nos teñen acostumados as máis pequenas, viaxaban a monforte para loitar por estar na parte media alta da táboa, pero a gran similaridade dos equipos fixo que os erros foran os decisivos neste encontro, así se reflexa nos catro primeiros sets no que ian alternando dun lado do marcador ao outro, pero no quinto as locais sumaron unha menor cantidade de erros, o que fixo que as nosas caeran.




Xuvenil feminino: 3-0 (26-24/25-12/27-25)

Loitadisimo encontro o disputado polas xuvenís na viaxe a monforte, tanto no primeiro como no terceiro set, os que foron extremadamente igualados, os puntos finais foron decididos pola sorte, que foi mala para as nosas. tan só no segundo set as visitantes fóronse do partido nunha racha de saque local. O partido decisivo será o da semana que ven, contra Ames, partido que decidirá os cruces da promoción de ascenso a liga galega, as nosas terán que dalo todo se queren gañar o encontro pois a igualdade e máxima.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Resultados 19 Xornada


Fisioterapia Cinesia Noia- Calasancias Coruña

Infantil feminino: 3-2 (21-25/25-17/25-13/20-25/15-10)

Vendetta das nosas infantís ante o Calasancias co mesmo marcador que na ida pero con vitoria para as noiesas esta vez, tras varias semanas caendo no quinto set, por fin as pequenas conseguen apartar os nervios e vencer.  A maioría dos puntos facíanse dende a liña de saque, ambolos dous equipos eran moi parecidos, este foi o motivo de chegar ao quinto set, mais as nosas puideron levar os dous puntos e así esta vitoria axuda as nosas pequenas a alonxarse dos postos de descenso.




Xuvenil feminino: 0-3 (18-25/22-25/19-25)

Nova derrota das xuvenis de forma máis axustada que na primeira volta, esta vez as nosas xuvenís pisaban a cancha con ganas de levar os dous puntos pero atopáronse con un equipo visitante con alto bloqueo e un forte ataque, o que impediu o avance nos finais de set para as nosas, aínda que deron a súa mellor cara.








CVP Gómez Lor  Multiópticas- Fisioterapia Cinesia Noia

Senior Masculino: 0-3 (17-25/17-25/22-25)

Vitoria dos nosos no partido aplazado da 17 xornada de liga. Os noieses chegaban a Pontevedra sen colocador pois foron baixas Dani e Millagui, ademáis de Brais e Agustin Mourís.
Aínda con este contratempo de falta de colocadores os nosos souberon resolver o encontro en tres cómodos sets, tan só no terceiro set os pontevedreses tomaban vantaxe, pero un bloqueo e un ataque directo ao lado dos locais poñía por diante ao equipo visitante e unha ultima acción dos nosos puxo os 25 puntos finais no marcador levándose asi o partido en tres sets.

jueves, 5 de marzo de 2015

Xornada nº 19

Aquí podedes ver o cartel dos encontros desta fin de semana en Noia.

Por outro lado o equipo senior masculino viaxa a pontevedra para enfrontarse ao seu penúltimo partido de liga.

SORTE A TODOS!

martes, 3 de marzo de 2015

Resultados Xornada 18

EMEVE- Fisioterapia Cinesia Noia

Infantil Feminino: 3-2(25-22/22-25/17-25/25-19/15-11)

Está mais que claro que os quintos sets non son o forte das nosas infantís, unha vez máis caen no quinto fronte un equipo semellante ao seu, os puntos podían caer en calquera lado da rede, o partido decidiuse dende a zona defensiva, as nosas fronte os numerosos nervios non puideron coa presión no quinto set tras o 1-2 a favor. Toca seguir adiante pequenas!!


Xuvenil Feminino: 3-0(25-11/13-25/12-25)

Esta vez as nosas non puideron dar a sorpresa ante un dos principais candidatos a campión de liga. Esta vez as lucenses contaban con todas as súas xogadoras contando con máis de algunha xogadora da selección española de voleibol. Pese ao resultado as nosas deron a cara, con unha gran atitude defensiva, as locais co seu fortísimo ataque impedía a resolución noiesa, hai que seguir dando a cara para chegar da mellor maneira posible aos cruces de promoción.






Senior Masculino: 0-3 (10-25/19-25/21-25)

O noso equipo masculino tras conseguir a única vitoria da semana para o noso clube acada a falta de dous partidos o posto de CAMPIÓN DE LIGA. Noraboa a todos, tanto aos xogadores como ao entrenador.

O equipo chegaba a terras lucenses con sete xogadores, foron baixas as de Brais, Xigui, Peiper, Alvaro, Marcos, Dani G. e o entrenador Agustín Mouris. A pesares das numerosas baixas os nosos conseguiron unha vitoria contundente como se pode ver no primeiro set, os noieses fortes en saque e bloqueo, facia case imposible unha resposta contundente de ataque por parte dos locais. No segundo e terceiro set o equipo lucense achegábase ao noso equipo no marcador, pero nada máis lonxe da realidade. Os nosos levaron o partido con facilidade, agora a celebralo, CAMPIÓNS!!!

lunes, 23 de febrero de 2015

Resultados 17 Xornada

Unha xornada que nos deixa con tres vitorias de tres encontros, pleno para o noso clube!


Fisioterapia Cinesia Noia- Manuela Rial Mouzo

Infantil feminino: 3-0 ( 25-10/25-10/25-23)

Cómoda vitoria das nosas ante o último clasificado da liga galega infantil feminina. As nosas dende un saque e ataque seguros e sen resposta das contrincantes, facía moi doada a vitoria nos dous primeiros sets, aínda que non foi asi no último set, na que as visitantes puxéronse as pilas e as nosas foron por debaixo no marcador en todo momento ata o final do set no que souperon ter as cousas claras na mente e levar o encontro por un 3-0.




Fisioterapia Cinesia Noia- Dompa Gestión

Xuvenil feminino: 3-0 ( 25-8/ 25-20/ 25-15)

Por fín a ansiada vitoria que esperabamos das  xuvenís ante tamén o último clasificado. Vitoria máis que necesaria que serve as nosas para non ir en postos finais a fase de descenso. Partido relativamente fácil para as locais , que sen case erros en saque poñía en apuros ao equipo visitante, isto xunto con unha defensa ordeada das noiesas facilitaba a vitoria. A semana que ven as nosas viaxan a Lugo para enfrontarse ao EMEVE, terceiro clasificado, na primeira volta  deron a sorpresa vencendo por 3-2, será posible dala de novo como visitantes?







Fisioterapia Cinesia Noia- Voleibol Dumbría 


Senior masculino: 3-1 (25-27/25-16/25-14/25-15)

Partido difícil que o noso equipo  resolveu de boa maneira como reflexan os parciais. Tan só no primeiro set os nosos cederon 25-27, parecido foi o encontro na primeira volta.  Foi un partido no que era complicado puntuar para os nosos, o equipo visitante tiña unha gran atitude defensiva, pero atóparonse co forte bloqueo dos equipo local, o que lles impedía puntuar numerosas veces, Con esta vitoria, o noso equipo está case as portas de acadar a ansiada primeira plaza da 2ª división A masculina a falta de tres partidos.